Automoción galega prevé un transvasamento de emprego da parte produtiva á técnica


Motor, 8519 veces leido

O presidente do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (CEAGA) prevé un transvasamento do emprego da parte produtiva á técnica coa implementación do modelo de industria do futuro, chamado 4.0, apoiada no aproveitamento da tecnoloxía para gañar en competitividade. 

No marco da xornada 'A automoción de Galicia ante os retos da industria 4.0', Covelo incidiu en que con este novo sistema global de deseño, produción, loxística e distribución que empresas, centros tecnolóxicos e administración pretenden implantar, "non ten por que perderse emprego", senón que se trasladará".

"Probablemente", apuntou o presidente de CEAGA, producirase ese transvasamento desde as fábricas cara a "os fabricantes de robots ou a empresas TIC", sen entrar a vaticinar se en termos globais haberá ou non unha diminución do emprego que xera o sector da automoción en Galicia.

Do que si está convencido é de que os traballadores do sector, ao ir cara a un modelo máis tecnificado, terán no futuro maior cualificación.

Covelo incidiu tamén en que o volume de emprego será "directamente proporcional" á capacidade da industria galega de prover pezas a diferentes fabricantes e modelos.

Neste sentido, comentou que o proceso de adxudicación de pezas para as furgonetas K9 de PSA Peugeot Citroën "vai bastante ben", e mostrouse convencido de que as empresas de compoñentes galegas conseguirán máis pedidos que os que teñen actualmente con modelos anteriores.

O presidente de CEAGA incidiu tamén en que a industria 4.0 axudará e evitar a deslocalización da produción.

Na súa opinión, hai en Galicia empresas que non teñen "nada que envexarlle" ás consideradas punteiras nos países que están á vangarda desta nova revolución industrial: Estados Unidos e Alemaña.

Como exemplos citou a Denso, Bentler, GKN e Audec.

Covelo subliñou que as empresas galegas teñen capacidade para investir en tecnoloxía, a condición de que conten co respaldo da administración.

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, fixo fincapé en que "o futuro pasa por un só camiño: a innovación", e en que a industria 4.0 é "a única porta que nos pode levar a competir de ti a ti nos mercados globais".

"Este proceso non ten marcha atrás", aseverou o conselleiro, que apelou á colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos para aproveitar "toda a tecnoloxía", como a robótica, os sensores integrados ou a impresión 3D, "para dar respostas concretas ás demandas do mercado".

Conde insistiu en que "os nosos rivais teñen claro o camiño", e aludiu á dixitalización de até o 19% da produción da automoción en Alemaña, onde se aspira a alcanzar o 84% en 2020.

Abundou en que a competencia tamén está dentro das propias compañías, como comprobou PSA Vigo coa pugna que mantivo con outras plantas da multinacional francesa para facerse co K9.

"As rendibilidades pasadas non garanten as futuras", apuntou Luís Lozano, responsable do proxecto de transformación de PSA Vigo, para quen, neste momento, "é necesario correr moito para seguir no mesmo sitio".

Lozano avogou por "ser áxiles", por ter unha "capacidade camaleónica", para adaptarse ás demandas do cliente, "cada vez máis cambiantes".

Máis Novas: http://www.cigcitroen.com/

CIG CitroenAutomoción galega prevé un transvasamento de emprego da parte produtiva á técnica


0 Comentarios sobre Automoción galega prevé un transvasamento de emprego da parte produtiva á técnica


Tu dirección de email no será publicada. Todos los campos sob oblogatorios.

LO MÁS LEIDO


¿Quieres ayudarnos?
Coloca un enlace en tu web o blog a nuestro diario:
<a href="http://www.diario-abc.com/">Notas de prensa</a>
Diario ABC www.diario-abc.com
Diario digital de libre participación, formado por agencias, empresas y periodistas que desean publicar notas de prensa y dar así a conocer sus servícios o productos.
Este portal de notas de prensa pertenece al grupo Cerotec Estudios www.cerotec.net, formado por más de 40 portales en internet.
© Diario Abc 2024