Piden cinco meses de prisión para tres estudantes por un escracho


Piden cinco meses de prisión para tres estudantes por un escracho
Economía, 6175 veces leido
CIG

CIG CITROEN

n

Domingo Neira aseguraba nas aulas que "a homosexualidade é contaxiosa", que "os homosexuais carecen de hombría e non poden educar" ou que "as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal".

En novembro de 2013 a USC apartaba termporalmente da docencia ao profesor de Maxisterio e Ciencias da Educación, Domingo Neira. Facíao após as denuncias do estudantado de primeiro curso, das organizacións estudantís e doutras como Galiza Nova. No centro do conflito, as declaracións homófobas do docente que chegou a asegurar nas aulas que "a homosexualidade é contaxiosa", que "os homosexuais carecen de hombría e non poden educar" ou que "as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal".
A Universidade abriulle un expediente mais finalmente optou pola súa readmisión o que motivou de novo as protestas do estudantado en maio de 2015. Entre elas, un escracho que remataría con catro estudantes encausad@s por un presunto delito de "coacción". Após prestar declaración xudicial no mes de decembro nos Xulgados de Fontiñas (Compostela), a tres desas persoas --Antía, Mario e Atanes-- a Fiscalía pídelles "cinco meses de prisión" por "desordes públicas e non coaccións como se quería inicialmente", sinalan nun comunicado de imprensa. 

As tres persoas encausadas piden a súa "absolución" e aseguran que "non se pode permitir que a USC manteña no seu cadro de persoal" a unha persoa que mantén un "constante e descarado comportamento machista e homófobo" que, aliás, defendeu "orgulloso" posteriormente en declaracións á imprensa. Na altura, Domingo Neira asegurou en diversos medios de comunicación que se trataba dunha "argumentación cuasecientífica" que facía parte da "primeira fase do meu deber docente" e que a finalidade era que o estudantado "pense por si propio". 
"Tamén lles dixen que á muller-muller normal, a que gosta dos homes-homes, polo xeral non gosta das mulleres. O cal non quere dicir que non se poida dar un exceso, un vicio. Pero igual que o home-home, coma min, non se preocupan en absoluto destas outras desviacións, dos maricóns nin dos pederastas, enténdesme?", afirmaba Neira. 

No comunicado público as persoas encausadas lembran a agresión homófoba acontecida en Compostela o 5 de febreiro e aseguran que "se queremos transformar a nosa sociedade para que sexa respeitosa cos dereitos sexo-afectivos das persoas temos que pór especial atención na educación". 


A USC, a denunciante 

A insitución personouse através da secretaria xeral e dunha docente que fan parte da acusación particular xunto co propio Domingo Neira. 

Rematada a fase de instrución as tres estudantes acusadas dun presunto delito de desortes públicas por un escracho na USC, agardan que se fixe a data do xuízo. 

En conversa con Sermos Galiza unha das estudantes, Antía B., sinala que é a propia Universidade de Santiago de Compostela a que se persona como acusación particular através da súa "Secretaría Xeral e a vice-decana", un feito que descoñecían até o momento, igual que a incorporación de Domingo Neira --o profesor denunciado polas súas declaracións homófobas, que tamén se incorpora á causa. 

Aliás, o auto xudicial que lles foi remitido na quinta feira (11 de febreiro) múdase a acusación inicial, por un presunto delito de "coaccións" para lles atribuír un de "desordes públicas (terrorismo)". "Non entendiamos moi ben a que se referían con isto de terrorismo", sinala Antía B., polo que preguntaron ao funcionariado. "Díxosenos que fora un erro informático" atribuíbel ao "programa" co que se editan estas comunicacións. "Non sabemos se foi intencionado ou non, se querían meternos medo...". 
Para cada unha das tres persoas encausadas a Fiscalía pide cinco meses de prisión. A cuarta estudante que inicialmente fora imputada desaparece da causa pola "imposibilidade de a identificaren", apunta. En troca, dúas das persoas imputadas foron identificadas pola propia universidade e a terceira "através de fotografías", explica. 

Após case tres anos das denuncias por homofobia ao profesor Domingo Neira e de case un ano do escracho, o daquela profesor de 'Didáctica e profesión docente' continúa a dar aulas na Facultade de Maxisterio e Ciencias da Educación, como puido comprobar Sermos Galiza. Porén, no curso 2015/2016 non imparte a mesma materia senón Deseño, Desenvolvemento e Iovación Curricular; Avaliación de Programas e Dirección, Organización e Xestión de Institucións Educativas. 

http://www.cigcitroen.com/2016/02/piden-cinco-meses-de-prision-para-tres.html

KirolgzPiden cinco meses de prisión para tres estudantes por un escracho


0 Comentarios sobre Piden cinco meses de prisión para tres estudantes por un escracho


Tu dirección de email no será publicada. Todos los campos sob oblogatorios.

posicionamiento en buscadores
¿Quieres ayudarnos?
Coloca un enlace en tu web o blog a nuestro diario:
<a href="http://www.diario-abc.com/">Notas de prensa</a>
Diario ABC www.diario-abc.com
Diario digital de libre participación, formado por agencias, empresas y periodistas que desean publicar notas de prensa y dar así a conocer sus servícios o productos.
Este portal de notas de prensa pertenece al grupo Cerotec Estudios www.cerotec.net, formado por más de 40 portales en internet.
© Diario Abc 2019