O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico


O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico
Actualidad, 3029 veces leido

CIG CITROEN

n

O Tribunal Supremo acaba de confirmar a pena imposta no seu día pola Audiencia Nacional ao narcotraficante Marcial Dorado por branquear capitais provenientes do tráfego de estupefacientes. Son 6 anos de prisión

n
Marcial Dorado é un nome indisolubelmente ligado á biografía política de Alberto Núñez Feijóo desde a publicación en marzo de 2013 dunha información por parte de El País en que se daba a coñecer a relación de amizade que mantiveron a mediados dos anos 90. Na época en que eran amigos e partillaban viaxes en iates, Marcial Dorado xa fora detido dúas veces acusado de contrabandista -en 1990 polo xuíz Garzón dentro da Nécora- e Feijóo era unha figura ascendente no PP e en diferentes escalóns da administración pública, desde a galega á estatal.
n
n
Feijóo sempre negou que coñecese as actividades ilegais de Dorado. Porén, esta amizade -non a única perigosa do presidente, íntimo tamén de Pachi Lucas, o conseguidor da Operación Zeta.- acabou por se tornar nun atranco para as súas opcións de facer carreira política no Estado.
n
O Supremo vén agora confirmar a sentenza da Audiencia Nacional a Marcial Dorado en relación ao branqueamento de diñeiro procedente do narcotráfico. Aliás, anula a súa absolución polo delito de revelación de segredos.
n
A condena carrexa tamén o pagamento dunha multa por valor de 21,5 millóns de euros.
nn

KirolgzO Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico


0 Comentarios sobre O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico


Tu dirección de email no será publicada. Todos los campos sob oblogatorios.

LO MÁS LEIDO


¿Quieres ayudarnos?
Coloca un enlace en tu web o blog a nuestro diario:
<a href="http://www.diario-abc.com/">Notas de prensa</a>
Diario ABC www.diario-abc.com
Diario digital de libre participación, formado por agencias, empresas y periodistas que desean publicar notas de prensa y dar así a conocer sus servícios o productos.
Este portal de notas de prensa pertenece al grupo Cerotec Estudios www.cerotec.net, formado por más de 40 portales en internet.
© Diario Abc 2024