O troco dos traballos estables por outros por horas


O troco dos traballos estables por outros por horas
Economía, 3516 veces leido

CIG Citroen

n

As centrais sindicais explican o aumento da afiliación nas xornadas fragmentadas

n
Os sindicatos insisten en que os postos de traballo estables e a xornada completa substitúense agora por empregos de media xornada ou por horas, principalmente no sector servizos, tal e como apunta Xesús Anxo López Pintos, coportavoz comarcal da CIG Ferrol. Insiste en que tamén hai moitas persoas que quedaron sen emprego que optan por darse de alta como autónomo debido a que non atopan outras saídas laborais. Ao mesmo tempo, afirma que de novo volven realizarse contratos a través de empresas de traballo temporal.
n
n
 
n
Tamén coinciden coa precarización do mercado de traballo e a excesiva temporalidade Auri Vázquez e Cesáreo Fraga, secretarios comarcais de CC.OO. e UGT, respectivamente. Vázquez considera que a diminución do paro vén dada en gran parte porque os demandantes que xa non cobran prestación optan por borrarse das listaxes e tamén incide en que continúa marchándose moita poboación nova á procura dun emprego.
n
 
n
Fraga sumar ao resto de axentes sociais no diagnóstico das estatística, que mostra tamén un leve aumento do número de autónomos nas tres comarcas.
n
 
n
Servizos
n
Aínda que as cifras do paro indican que nos últimos meses a industria e a construción melloraron as súas posicións, continúa sendo o sector servizos o que concentra o maior número de empregos. Inclúe algúns subsegmentos de actividade nos que adoitan xeneralizarse os empregos temporais e por horas, como sucede coa hostalería ou as empresas de limpeza.
n

CIG CitroenO troco dos traballos estables por outros por horas


0 Comentarios sobre O troco dos traballos estables por outros por horas


Tu dirección de email no será publicada. Todos los campos sob oblogatorios.

LO MÁS LEIDO


¿Quieres ayudarnos?
Coloca un enlace en tu web o blog a nuestro diario:
<a href="http://www.diario-abc.com/">Notas de prensa</a>
Diario ABC www.diario-abc.com
Diario digital de libre participación, formado por agencias, empresas y periodistas que desean publicar notas de prensa y dar así a conocer sus servícios o productos.
Este portal de notas de prensa pertenece al grupo Cerotec Estudios www.cerotec.net, formado por más de 40 portales en internet.
© Diario Abc 2024