A produción de automóbiles recupera o nivel anterior á crise. ¿e os Salarios?


A produción de automóbiles recupera o nivel anterior á crise. ¿e os Salarios?
Economía, 8064 veces leido

Os traballadores/as das principais fábricas de coches viron mermado ou conxelado o seu salario, con promesas das multinacionais da recuperaración do seu poder adquisitivo únha vez superada a caída da produción na industria do automóbil.

A industria fabricou 2,7 millóns de vehículos no 2015, un 13,7% máis que no 2014 e por encima das previsións.

A industria  do automóbil pechou o 2015 cun aumento da produción do 13,7%, o que o converte no mellor ano desde o 2007. Despois de sufrir un profundo esborralle durante a crise, as fábricas que teñen as multinacionais en España recuperaron o volume que había antes da recesión. Entre elas destacou a de Seat , que foi a que fabricou máis coches (477.000) seguida a bastante distancia pola de PSA en Vigo.

Os 2.733.201 vehículos ensamblados no 2015 están por encima das previsións que fixera o sector de alcanzar os 2,6 millóns, polo que xa espera que o 2016 supere tamén os 2,8 millóns de unidades planificadas co obxectivo de chegar ao tres millóns no 2017. No 2007 producíronse 2,9 millóns de unidades.

O mes de decembro supuxo o colofón do exercicio ao rexistrar un aumento da produción do 17%. A Asociación de Fabricantes de Automóbiles (Anfac) atribúe o "incremento tan significativo da fabricación do vehículo 'made in Spain'" á mellora das exportacións a novos mercados como Asia e estados Unidos e á recuperación dos mercados de España e Europa.
As exportacións convertéronse no principal motor do sector, que vende un 83% dos vehículos producidos en España a outros países. O ano pasado as exportacións creceron o 11,7% e chegaron a 2,2 millóns de vehículos dos 2,7 millóns fabricados.

Detrás do aumento da produción conseguido polas factorías españolas atópase o aumento da competitividade durante a crise polo abaratamento dos custos de produción grazas a acordos laborais para conxelar ou rebaixar os soldos, especialmente para as novas contratacións. Eses pactos abriron a porta á asignación de novos modelos a todas as factorías, que gañaron a partida mesmo a outras fábricas situadas nos países de orixe das multinacionais.

Con todo, a patronal Anfac tentou rebaixar o optimismo ao asegurar que "o obxectivo agora é consolidar este aumento e incrementalo nun contexto de forte competencia mundial por atraer investimentos en economía produtiva, especialmente no sector de automoción".

Os modelos que acumularon máis volume de produción no 2015 foron o Volkswagen Polo, que se fabrica na planta de Pamplona, seguido do Renault Captur (Valladolid) e o Opel Corsa (Zaragoza).

Máis novas : CIG Citroen

CIG CitroenA produción de automóbiles recupera o nivel anterior á crise. ¿e os Salarios?


0 Comentarios sobre A produción de automóbiles recupera o nivel anterior á crise. ¿e os Salarios?


Tu dirección de email no será publicada. Todos los campos sob oblogatorios.

LO MÁS LEIDO


¿Quieres ayudarnos?
Coloca un enlace en tu web o blog a nuestro diario:
<a href="http://www.diario-abc.com/">Notas de prensa</a>
Diario ABC www.diario-abc.com
Diario digital de libre participación, formado por agencias, empresas y periodistas que desean publicar notas de prensa y dar así a conocer sus servícios o productos.
Este portal de notas de prensa pertenece al grupo Cerotec Estudios www.cerotec.net, formado por más de 40 portales en internet.
© Diario Abc 2024